- A comunidade de Kubuntu consta dun grupo de persoas que forman un dos equipos máis grandes na comunidade do software libre, traballan en varios aspectos da distribución, fornecen axuda e asistencia técnica, e axudan a promocionar Kubuntu ante unha maior audiencia.
- Non importa o nivel das súas habilidades: involucrarse e axudar a deseñar o futuro de Kubuntu é doado e a súa aportación será máis que benvida.
- Visite wiki.kubuntu.org/Kubuntu/GettingInvolved e vexa onde podería axudar. Lembre: é doado participar e o traballo que faga coñecerano millóns de persoas en todo o mundo.
A instalación logo rematará. Agardamos que goce con Kubuntu.